O efeito do gasto público na justica em portugal

Tesis doctoral de Natacha Alexandra Correia Jesús Silva

Este traballo subliña algúns estudios comparados sobre o sistema xudicial portugués, e versa sobre unha avaliación comparativa entre eles. no capítulo i dáse conta da contextualización europea no ámbito das diferentes abordaxes aos sistemas xudiciais. o capítulo ii, salienta a importancia dunha reforma no sistema xudicial portugués, facendo fincapé nas alternativas concretas e nas resolucións levadas a cabo no país luso. Non obstante, botamos man tamén das recomendacións e resolucións da cepej ¿ comisión europea para a eficiencia da xustiza- e, nalgúns casos, tamén do opj ¿ observatorio permanente de xustiza-. inevitable sería poñer un capítulo referente á reforma do sistema xudicial portugués. Neste senso, o capítulo iii dá un enfoque á nova reforma xudicial, abordando a reforma dos tribunais. no capítulo iv atendemos á cuestión, cada día máis pertinente, da resolución alternativa de litixios, como medio máis próximo dos cidadáns e, nese senso, reálzase a importancia do acceso ao dereito e ao patrocinio xudicial. seguidamente, o capítulo v, fai unha comparativa dos orzamentos da xustiza, para os anos 2008 e 2009. no capítulo vi dedicamos toda a nosa atención a un cuestionario preliminar, realizado a un grupo de xuíces, avogados e oficiais de xustiza, con idades e salarios diferentes. A información obtida neste cuestionario foi extraída en todo o territorio de portugal, no que podemos ver unha mellor e mais realista comprensión desta problemática. A consulta do cuestionario pode ser feita no apéndice. foi a nosa intención propoñer unha conducta, un camiño a seguir. Ao longo do estudio e da investigación dos feitos, fomos testemuña das quebras de confianza das que é obxecto o sistema de xustiza en portugal e tentamos debuxar unha tendencia, aínda que tenue. Nembargantes, foi verificado que non só era unha tendencia adoptada e defendida por min, senón tamén polas comisións e comités que se dedican á observación e ao estudio do sistema xudicial. O camiño está trazado. Só nos queda salvagardalo e asegura-lo seu desenvolvemento

 

Datos académicos de la tesis doctoral «O efeito do gasto público na justica em portugal«

  • Título de la tesis:  O efeito do gasto público na justica em portugal
  • Autor:  Natacha Alexandra Correia Jesús Silva
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  24/02/2012

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • Luís Caramés Vietez
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: enrique Moldes teo
    • Antonio Méndes ferraz (vocal)
    • Carlos Pateiro rodriguez (vocal)
    • Francisco José Castelo branco (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio