Tesis doctoral de Albino Pires Natalia De Jesús
O traballo de investigación que presentamos céntrase no estudo dun corpus romancístico constituído por 1721 textos da tradición oral moderna portuguesa editados entre 1828 e 1960 con vista á elaboración dun dicionario/vocabulario e á comprobación da especificidade do seu léxico. Dada a extensión do espolio romancístico ao dispor de calquera investigador, restrinximos o noso corpus de traballo ás versións de romances tradicionais de asunto profano e ás versións de romances devotos tradicionais editadas entre 1828 e 1960. A opción de estudar o léxico nun corpus de romances surxe porque, na realidade, aínda que haxa unha enorme cantidade de estudos dedicados ao romanceiro, os estudos específicos sobre cuestións linguísticas son escasos e debrúzanse apenas sobre cuestións formulísticas ou sobre a cuestión das alternancias de tempos verbais e da súa relación coa rima. antes de se poderen aferir as particularidades do léxico do corpus, houbo que identificar e definir cal o léxico a que recorren os textos para a transmisión da fábula, sendo, para tal, prioritario etiquetar todas as palabras por forma a que se puidese xerar posteriormente o conxunto de palabras lexicais, de adverbios e de cuantificadores utilizados nos textos e concomitantemente xerar o dicionario que dá conta do léxico dos romances da tradición oral moderna portuguesa editados entre 1828 e 1960. Para aferir a especificidade do léxico do corpus obxecto de estudo, analizamos, por un lado, as formas nominais, adxectivais, verbais, adverbiais e os cuantificadores para verificar en que medida se aproximan ou se distancian das formas dicionarizadas da lingua portuguesa e, por outro lado, a importancia das clases gramaticais nome, adxectivo, verbo, adverbio e cuantificador no corpus para determinar en que medida poden ou non caracterizar o léxico do corpus. Procuramos verificar, tamén, se existe variación lexical nos textos e en que clases gramaticais ela máis ocorre, para
Datos académicos de la tesis doctoral «O léxico do romanceiro da tradiÁ§ao oral moderna portuguesa editado entre 1828 e 1960«
- Título de la tesis: O léxico do romanceiro da tradiÁ§ao oral moderna portuguesa editado entre 1828 e 1960
- Autor: Albino Pires Natalia De Jesús
- Universidad: A coruña
- Fecha de lectura de la tesis: 20/06/2007
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Freixeiro Mato Xose Ramon
- Tribunal
- Presidente del tribunal: manuel Ferreiro fernandez
- María antonia Martí antonín (vocal)
- Ferré da ponte pedro alfonso (vocal)
- Ana Valenciano lópez de andújar (vocal)