O estado oculto (elementos para unha revisión da transitoloxíacanónica. política e catolicismo na corporatización da función relixiosa en españa)

Tesis doctoral de Laureano Xoaquin Araujo Cardalda

Tras o concilio vaticano ii, cuxos documentos cuestionaban radicalmente a ditadura española, a igrexa católica foi un dos axentes do campo político que máis contribuíu á crise final do réxime franquista. En efecto, a partir de 1965, e no prazo dun lustro, a igrexa foi quen de reinventar a tradición nacionalcatólica dando un xiro político que a conduciu a deslexitimar o réxime despótico e, simultaneamente, a lexitimar o novo campo político democrático, no que procurou asegurarse unha posición central. unha vez alcanzado o obxectivo vital do cambio de réxime, a igrexa católica definiu de inmediato o seu novo obxectivo político: a defensa dos seus intereses no novo ordenamento institucional democrático de acordo cos parámetros do corporatismo moderno. Por unha banda, a igrexa foi constitucionalizada nunha mención expresa na lei fundamental, e, por outra banda, o concordato de 1953 foi substituído por catro acordos parciais asinados o 3 de xaneiro de 1979. Así, a igrexa católica logrou pactar co estado un arranxo bilateral institucionalizado co que desenvolve unha actividade de intermediación de intereses e de implementación de políticas públicas de tipo mesocorporatista. Ao estado, pola súa banda, preocúpanlle a gobernabilidade e a estabilidade política, o que explica a súa pretensión de controlar a capacidade de resistencia e de oposición da corporación católica mediante a negociación de decisións consensuadas a través da intervención da igrexa nos procesos lexislativos. a constitución -especialmente o seu ambiguo artigo 16.3-, os acordos coa santa sé -firmemente incrustados no ordenamento xurídico- e mais a lexislación en materia relixiosa satisfán dun xeito óptimo a necesidade da igrexa católica de despexar do horizonte a ameaza da laicidade e de reinventar a tradición nacionalcatólica estatalizando a relixión, é dicir, creando e corporatizando -mediante a emerxencia controlada dun arranxo corporatista- unha función relixiosa do estado. Ao mesmo tempo, a institucionalización da corporación católica, é dicir, a asunción de potestades delegadas do estado, forza a igrexa a actuar en beneficio do sistema no seu conxunto. Deste xeito, a corporación experimenta unha desprivatización funcional e unha perda de autonomía: o estado sométea a una fiscalización permanente, o que a obriga a medir en todo momento as consecuencias derivadas das súas demandas e do seu comportamento. O mantemento deste statu quo explícase polo interese que comparten o estado e mais a corporación católica en que a súa relación de dependencia mutua siga a resultar beneficiosa para ambas partes. Porén, a rixidez institucional deste arranxo evoca as estruturas históricas dos réximes corporativistas e fundamenta a sospeita de que poderíamos estar ante un caso de corporatismo cerrado, cuxa compatibilidade coa democracia liberal é máis que discutíbel.

 

Datos académicos de la tesis doctoral «O estado oculto (elementos para unha revisión da transitoloxíacanónica. política e catolicismo na corporatización da función relixiosa en españa)«

  • Título de la tesis:  O estado oculto (elementos para unha revisión da transitoloxíacanónica. política e catolicismo na corporatización da función relixiosa en españa)
  • Autor:  Laureano Xoaquin Araujo Cardalda
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  09/06/2009

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • Xosé Luís Barreiro Rivas
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: ramón Máiz suárez
    • ramón Cotarelo García (vocal)
    • joan Botella corral (vocal)
    • salvador Giner de san julian (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio