Tesis doctoral de Oscar Carballo Iglesias
A tese de doutoramento, efectos do tempo de reacción simple sobre a forza elástico explosiva. Aplicacións no ámbito de adestramento dos deportes colectivos, está composta por dous grandes apartados. No primeiro deles, denominado marco teórico revísanse os principais obxectos da investigación, a forza e o procesamento da información. No segundo dos apartados desenvólvense tres traballos prácticos, os dous primerios de carácter descriptivo para finalizar cunha intervención experimental que nos permita coñecer os efectos dun adestramento pliométrico inducido. a bibliografía outorgalle a forza explosiva un papel determinante sobre o rendemento final no deporte colectivo, así destrezas como os saltos verticais, golpeos, aceleracións, desaceleracións ou desprazamentos curtos e de gran velocidade requiren deste tipo de capacidade. do mesmo xeito compre destacar que o procesamento da información (visual, sonoro e táctil) xoga un papel relevante no control do movemento no deportista. sen embargo, o contexto durante a competición no que esta expresión de forza se solicita semella ser en condicións de regulación externa non cando o individuo decide a sua actuación. Ata o dagora os traballos sobre forza elástico explosiva estiveron relacionados principalmente coa aplicación neuromuscular de forza en función do: tipo de deporte, do xénero, nivel e idade do deportista, cinemática do movemento, metodoloxía do adestramento…, E no caso do procesamento da información se orientaron principalmente a diferenzas entre a percepción de suxeitos nóveles e expertos, habilidades visuais e fatiga ou sistemas de emisión de estímulos e comportamento. chegados a este punto, non atopamos ata onde chega o noso coñecemento estudos que analicen aspectos bioinformacionais e condicionais simultaneamente. O análise conxunto pode determinar unha nova forma de avaliar ou incluso a xeración dunha innovadora metodoloxía de adestramento. o estudo 1 leva por título, efectos do tempo de reacción simple sobre a forza elástico explosiva, nel pretendemos analizar o rendemento da forza elástico explosiva, con e sen estímulo, en deportistas de modalidades colectivas. A mostra estivo composta por 26 suxeitos de alto rendemento de deportes colectivos durante a tempada 2004-05. O procemento consitiu na recollida de dous saltos con contramovemento (cmj) sen estímulo e posteriormente a repetición de duas secuencias de tres saltos con estímulo, respostando a un estímulo visual (cmjvis) a un estímulo sonoro (cmjson) e a un estímulo táctil (cmjtác). A recuperación entre cada un dos saltos foi dun minuto, traballando a nivel estatístico co valor medio dos 2 saltos obtidos para cada tipo de salto (cmj,cmjvis, cmjson e cmjtac). En canto aos resultados foron encontradas diferenzas estatísticamente significativas entre o salto con contramovemento sen estímulo (cmj: 33 cm± 2,99) e o salto con estímulo (cmjvis: 30,32cm ± 3,05, cmjson: 30,32cm ± 3,70, cmjtác: 30,32cm ± 3,11). Ainda que non se observan diferenzas estatísticamente significativas na altura entre os tres niveis da variable con estímulo. En base aos resultados podemos concluir para este primeiro traballo que o rendemento no salto vertical, executado con e sen estímulo, presenta diferenzas dun 9,1% asociadas a disminución da altura cando o suxeito ten que respostar a un estímulo. E tamén que a natureza do estímulo non influiu sobre a capacidade de salto acadado por a mostra de deportistas pertencentes a deportes colectivos. en función dos resultados obtidos plantexouse o estudo 2, análise da asociación entre a altura do cmj e o tempo de elaboración do movemento en condicións de tempo de reacción simple, para coñecer a posible asociación entre a altura do salto con contramovemento sen estímulo (cmj) e a altura do salto respostando a estímulos externos (cmjvis e cmjson). Así como, a asociación entre a altura do salto con estímulo (cmjvis e cmjson) e o tempo de elaboración do movemento para cada un destes dous tipos de salto (temvis e temson). a mostra elexida neste segundo traballo foron 19 estudantes da licenciatura de ciencias da actividade física e do deporte, todos eles familirizados coa acción de cmj na semana previa a sesión de avaliación. O procedemento de recollida de datos consistiu na execución de 3 saltos cmj sen estímulo, e 6 saltos respostando a um estímulo externo atendendo a seguinte distribución: 3 cmjvis e 3 cmjson. Os estímulos presentaronse en duas secuencias, a orde de presentación dos estímulos foi aleatória co fin de que non existira aprendizaxe intersuxeito. os resultados obtidos foron, respecto a altura no salto con contramovemento. O cmj sem estímulo (34,21cm ± 5,95) alcanza diferenzas estatísticas respecto a altura do cmj com estímulo (cmjvis: 30,79cm ± 5,94 e cmjson: 30,77cm± 6,14), non atopándose diferenzas significativas entre as accións de salto respostando a estímulos. respecto aos tempos de elaboración do movemento existen diferenzas significativas entre o temvis (0,819 s± 0,11) e temson (0,749±0,13), elaborando o movemento de xeito mais rápido para o estímulo visual que para o sonoro. na asociación entre variables encontráronse correlacións estatísticamente significativas entre o cmj e o resto das situacións de salto com estímulo (cmjvis e cmjson). Así mesmo, esta asociación tamén foi estadísticamente significativa entre o temvis e o cmjvis, e entre o temson e o cmjson. neste segundo traballo chégase a conclusión alumnos de ciencias da actividade física e do deporte presentan diferenzas significativas no rendemento cando executan un salto vertical con e sen estímulo, sendo un 10% maior os valores cando non se presenta estímulo. A natureza do estímulo non infuiu sobre o salto pero si no tempo de elaboración do movemento, sendo as diferenzas significativas entre o temvis e o temson. xa para finalizar, existe unha correlación positiva entre a altura manifestada en condicións de regulación externa e a expresada en situacións de resposta a estímulos. Do mesmo xeito que se presenta unha correlación positiva entre a forza elástico explosiva en condicións de estimulación (cmjvis e cmjson) e o tempo de elaboración do movemento empregado para cada um dos tipos de salto (temvis e temson). para completar os estudos descriptivos 1 e 2 levouse a cabo un traballo experimental, efectos do adestramento da forza elástico explosiva do tren inferior en condición de tempo de reacción simple. O obxectivo deste estudo foi coñecer os posibles efectos que se producen no rendemento final do deportista ao realizar un adestramento conxunto de forza elástico explosiva e tempo de reacción simple, tamén analizouse unha das posibles causas do descenso no rendemento, a angulación da articulación do xeonllo no cmj con e sen estímulo. A mostra estivo composta por 20 estudantes da licenciatura de ciencias da actividade física e do deporte. Eles foron divididos en dous grupos, un grupo control (gc: 10suxeitos) e un grupo experimental (ge: 10 suxeitos). O procedemento de recollida de datos consistiu nunha avaliación pretest onde os dous grupo (gc e ge) foron avaliados de 3 saltos cmj sem estímulo e 6 saltos cmj com estímulo (cmjvis e cmjson), para cada unha das medicións obtívose o tempo de elaboración do movemento. A continuación fíxose um adestramento com ge durante 12 sesións, cun incremento do volumen da carga dun 20% intersemanal. A metodoloxía empregada foi um traballo em circuito, completando 4 voltas as diferentes estacións. Para o deseño de cada estación empregouse unha combinación de exercicios: potencia com cargas medias 55% rm en ¿ sentadilla, pliometría horizontal e vertical 80 impactos, capacidade acelerativa em 5m, e o cmj exercicio propio da avaliación. Todos estes exercicios foron desencadenados por um estímulo externo, garantindo durante a sesión o mesmo número de estímulos visuais ca estímulos sonoros. finalmente unha vez rematada a fase de intervención voltouse a realizar com todo o grupo unha nova avaliación, mantendo para o postest as mesmas condicións que na avaliación inicial. nos resultados deste estudo 3 non obtivemos diferenzas significativas na proba de contrastes multivariados que interaccionou os factores tipo de salto (cmj, cmjvis e cmj son), momento (pretest e postes) e grupo (gc e ge). Non houbo interacción entre tipo de salto e momento, momento e grupo nin tipo de salto e grupo. Como tampouco na triple interacción tipo de salto, momento e grupo. manteñense como no estudo 1 e 2 diferenzas significativas entre os niveis da variable cmj sem estímulo e cmj respostando a estímulos. En canto o tempo de elaboración do movemento non se atopan diferenzas significativas tanto para o grupo experimental como control entre a medición pretest e postest. O último dos resultados é que os graos articulares do xeonllo obteñen valores estatísticamente diferentes para o cmj sem estímulo (91,57º ±7,21) que para o cmjvis (103,926º ± 8,27) e cmjson (102,40 ± 6,64). Do mesmo modo non se atoparon diferenzas significativas entre os graos obtidos polo cmjvis e o cmjson. Como conclusión deste último estudo o adestramento de forza elástico explosiva e o tempo de elaboración do movemento, en condicións de tempo de reacción simple non presentou diferenzas estatísticamente significativas entre a altura acadada no pretest e no postest. Ainda que a articulación do xeonllo viu incrementados os graos flexión nun 11,28% cando o suxeito tivo que respostar a um estímulo externo, fronte a acción sen estímulo. tras a elaboración desta tese cheganse as seguintes conclusións: nos deportes colectivos parece ser un factor determinante sobre o rendemento final a capacidades de xerar altos gradientes de forza elástico explosiva, cunha elaboración do movemento en curtos periodos de tempo em condicións de tempo de reacción. o tempo de reacción simple descende o rendemento do salto con contramovemento (cmj) debido a modificacións (fisiolóxicas e mecánicas) no patrón do movemento. o adestramento durante 4 semanas de forza elástico explosiva do tren inferior en condicións de tempo de reacción simple foi insuficiente para conseguir adaptacións positivas: descenso do tempo de elaboración do movemento e incremento da forza elástica explosiva.
Datos académicos de la tesis doctoral «Efectos do tempo de reacción simple sobre a forza elástico explosiva. aplicacións no ámbito de adestramento dos deportes colectivos«
- Título de la tesis: Efectos do tempo de reacción simple sobre a forza elástico explosiva. aplicacións no ámbito de adestramento dos deportes colectivos
- Autor: Oscar Carballo Iglesias
- Universidad: A coruña
- Fecha de lectura de la tesis: 01/07/2009
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Eliseo Iglesias Soler
- Tribunal
- Presidente del tribunal: rafael Martín acero
- alfonso Jiménez gutiérrez (vocal)
- vicent Carratala deval (vocal)
- paulino Padial puche (vocal)