Tesis doctoral de Oscar Parcero Oubiña
O presente traballo ten por obxecto o estudo da concepción kierkegaardiana do cómico e do lugar que este ocupa no conxunto da obra do dinamarqués. o traballo desenvólvese en catro capítulos, concibidos progresivamente. O primeiro ocúpase de mostrar o fundamento da concepción kierkegaardiana do cómico presentada na temperá sobre o concepto de ironía, que logo ha mostrarse vixente en toda a subseguinte produción. O máis importante trazo desta concepción, por kierkegaard denominada a tendencia total, é o seu vencello co ético, entendido como compromiso coa propia existencia: o total sometemento á negatividade cómica determina eticamente o individuo. o segundo capítulo mostra como esa mesma concepción do cómico é ratificada na apostila concluínte non científica mediante agora o concepto propio de ¿o cómico¿; asemade, ocúpase de demostrar tamén a incapacidade do concepto para capturar a totalidade da concepción kierkegaardiana do cómico, confirmando así a dimensión ética desta. no terceiro capítulo móstrase como esta concepción do cómico determina logo unha forma de escritura, aquí chamada escritura cómica, que transforma por completo o status do autor. En obediencia á tendencia total, a escritura vólvese ela mesma un medio de actividade ética. finalmente, o cuarto capítulo ocúpase de ler a totalidade da obra kierkegaardiana na luz da concepción do cómico dela tirada. Móstrase así a produción do dinamarqués como un exercicio de sometemento á tendencia total do cómico con vista á produción ética de si-mesmo, en sintonía cunha concepción relixiosa da ¿verdadeira seriedade¿, aquela que inclúe o cómico.
Datos académicos de la tesis doctoral «A tendencia total do cómico en kierkegaard«
- Título de la tesis: A tendencia total do cómico en kierkegaard
- Autor: Oscar Parcero Oubiña
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 26/02/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- José Luis Barreiro Barreiro
- Tribunal
- Presidente del tribunal: manuel Maceiras fafián
- Andrés Torres queiruga (vocal)
- dario david Gonzalez (vocal)
- anselmo Manuel Suances marcos (vocal)