Tesis doctoral de María Isabel Seoane Sanchez
A tese iníciase cun estudo do período histórico en que se desenvolve a traxectoria vital do escritor florencio vaamonde lores. Neste apartado inclúese ampla información ¿en boa parte descoñecida ou pouco estudada¿ sobre diversas iniciativas de ámbito cultural, en moitos casos con matices políticos incluídos, nas que participou activamente o personaxe obxecto da nosa investigación. segue un demorado estudo da biografía do autor, tanto no familiar como no social, no que se achegan moitos datos totalmente descoñecidos que axudan a un mellor entendemento do seu labor literario, aspecto que se trata a continuación analizando máis polo miúdo o contexto literario, a traxectoria literaria do escritor e o seu posicionamento idiomático. xa no terreo da produción literaria, levamos a cabo unha exhaustiva recolleita da obra espallada na prensa e tamén da obra inédita. Dentro da obra poética, á parte da obra publicada en volume xa coñecida: os calaicos (1894), mágoas (1901), follas ao vento (1919) e o voto (1907), recompilamos 62 poemas publicados na prensa e 39 poemas inéditos. Trinta e dous en galego e 7 en castelán e realizamos a edición e análise dos mesmos. Dedicamos un estudo concreto ó seu labor como sonetista, pois nese esquema métrico realizou boa parte das súas composicións poéticas, o que é practicamente descoñecido. a continuación dedicamos un capítulo ó seu labor como tradutor, non só das linguas clásicas, como se cría ata o momento ¿foi o primeiro que traduciu un libro de poemas gregos ó galego¿, senón tamén das linguas modernas. Neste apartado intentamos non só dar a coñecer as traducións realizadas, senón tamén a funcionalidade das mesmas. da obra prosística recompilamos e reproducimos a publicada na prensa e facemos un breve estudo da obra publicada en volume: o resume da historia de galicia (1898), que contén o primeiro estudo de historia literaria en galego, e as novelas bestas bravas (1923) e anxélica (1925). Tamén recompilamos e analizamos os artigos que enviaba como correspondente na coruña do xornal lugués la idea moderna, xa que ofrecen moitos datos de interese para coñecer mellor a personalidade do escritor. a continuación reproducimos e anotamos a correspondencia coñecida enviada e recibida por florencio vaamonde que nos ofrece importantes datos sobre a súa biografía e o seu labor literario. rematamos o estudo cun apéndice documental e gráfico que ilustra o traballo e coas conclusións extraídas do estudo, onde destacamos o papel relevante deste escritor na configuración dun sistema literario normalizado e a súa valía como versificador, labor polo que debería de figurar nun dos primeiros postos, tras as figuras principais do rexurdimento, rosalía de castro, curros enríquez e eduardo pondal.
Datos académicos de la tesis doctoral «Florencio vaamonde lores, escritor e tradutor«
- Título de la tesis: Florencio vaamonde lores, escritor e tradutor
- Autor: María Isabel Seoane Sanchez
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 23/04/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Anton Santamarina Fernandez
- Tribunal
- Presidente del tribunal: anxo Tarrío varela
- xosé antón Palacio sánchez (vocal)
- carmen Mejía ruiz (vocal)
- basilio Losada castro (vocal)