Tesis doctoral de Fátima Braña Rei
A tese é un estudo de caso no que procurar solucións a problemas comúns nos museos etnográficos galegos. os eixes desta tese de doutoramento son o coñecemento dos elementos que están a confluír nunha fractura entre os museos e a sociedade que os crea. Nela analízáronse as versións indentitarias entendéndoas como proxectos. Proxectos que unen as vontades entorno ás visións do futuro a través da solución dos problemas que o presente está a formular na galiza actual. para conseguir estes obxectivos é preciso analizar un caso concreto, o museo do pobo galego e identificar cales son os argumentos identitarios nos que se basean as activacións etnográficas na galiza. con estes obxectivos, resulta imprescindíbel analizar a organización que da base as estruturas e funcións museísticas. os problemas detectados na práctica museística: implicación social dos museos, selección e, por tanto, definición do concepto de patrimonio e a relación museo – identidade – patrimonio, están intimamente ligados coa actual política cultural e coa imaxe social que atribúe aos bens patrimonializados. Marcando unha traxectoria dos elementos que interveñen na selección de pezas, entidades e políticas da xestión patrimonial podemos establecer tipoloxías das activacións patrimoniais, de axentes patrimonializadores e de institucións museais. as unidades de análise están relacionadas coas prácticas de xestión patrimonial realizadas nos museos, as características específicas destas institucións como organizacións e as versións identitarias manexadas entre a disciplina e a práctica museística. As unidades de análise serán pois, a practica organizacional, en concreto aquela que ten que ver coas funcións a desenvolver, as versións identitarias e a xestión patrimonial, actividades e usos nos que se traducen tanto a identidade como as características da organización. a base da investigación é procurar unha análise en profundidade do museo
Datos académicos de la tesis doctoral «O museo do pobo galego: un caso de xestión do patrimonio cultural en galiza«
- Título de la tesis: O museo do pobo galego: un caso de xestión do patrimonio cultural en galiza
- Autor: Fátima Braña Rei
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 10/11/2006
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Marcial Gondar Portasany
- Tribunal
- Presidente del tribunal: Beiras torrado xosé manuel
- robin Boast (vocal)
- Pais de brito joaquim (vocal)
- lourdes Mendez perez (vocal)