Tesis doctoral de Ana Acuña Trabazo
A tese de doutoramento céntrase nos grupos de galegos que, entre 1950 e 2000, foron quen de crear unha literatura galega en Madrid grazas ás súas actividades individuais e colectivas (faladoiros, publicacións, cursos, conferencias, concursos, homenaxes…) os períodos e grupos estudados son: 1952-1954: mocedade universitaria castelao 1958-1961: grupo brais pinto 1965-1969: seminario de cultura galega do club de amigos da unesco 1974-1986: agrupación lóstrego, asociación irmandade galega, ademais doutros grupos menos conformados 1996-2000: grupo bilbao para analizar como reaccionan estes galegos (maioritariamente en tránsito), para descubrir as distintas respotas a ese particular «exilio», empregouse a metodoloxía das historias de vida (metodoloxía preferida polas disciplinas extraliterarias como a socioloxía, a historia ou os estudos migratorios, pero tamén polas literarias como a literatura do exilio). dentro do marco dos estudos dos grupos subalternos vaise descubrindo cales son os rexistros (públicos e ocultos) dos grupos de madrigalegos, os seus espazos e contraespazos de sociabilidade e a súa relación coa metrópole. en último termo, tentamos mostrar que Madrid foi un espazo para a reactivación e a continuidade da literatura galega.
Datos académicos de la tesis doctoral «Facer literatura galega en Madrid (1950-2000)«
- Título de la tesis: Facer literatura galega en Madrid (1950-2000)
- Autor: Ana Acuña Trabazo
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 15/05/2009
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Dolores Vilavedra Fernandez
- Tribunal
- Presidente del tribunal: xosé antón Palacio sánchez
- alexandre Rodríguez guerra (vocal)
- carmen Mejía ruiz (vocal)
- olivia Rodríguez gonzález (vocal)