Hijas del silencio. el contexto de los asesinatos y desapariciones de mujeres en ciudad juárez

Tesis doctoral de Santiago Gallur Santorun

En 1993 rexistráronse en ciudad juárez os primeiros casos nos que chicas xóvenes, algunhas delas traballadoras da industria maquiladora da cidade, aparecían mortas con claros signos de violación e tortura. Quince anos despois o número de corpos encontrados ascende a más de cincocentas mulleres, adolescentes e nenas. A cifras varían dependenco da fonte utilizada, pero todo indica que o número pode ser incluso maior, xa que algunhas investigacións sinalan que os responsables dunha parte dos asesinatos son narcotraficantes, empresarios e policías, que os realizan en orxías e rituales satánicos de rezo a santa morte. Sen embargo, a policía non só non investiga, senón que protexe os verdadeiros culpables debido a que en moitos casos ¿traballa¿ para os narcos. Polo tanto, o obxetivo principal desta tese de doutoramento é recompoñer históricamente o contexto no que sucederon os feitos e os seus antecedentes, para poder entender cales son os motivos reales polos que se asesina a mulleres e polos que non se levan a cabo investigacións serias o respecto. Os asesinatos e desaparicións de mulleres en ciudad juárez suceden sen que en ningún momento se avance nas investigacións policiais cara a persecución, procesamento e condena real dos verdadeiros culpabres. ¿frabricáronse¿ chivos expiatorios co único fin de encubrir os asesinos. E todo isto a pesar de que multitude de organizacións de dereitos humanos e ongs investigaron o tema, aportando infinidade de informes coas súas correspondentes conclusións e solucións posibles. Mentras tanto, o goberno mexicano apresúrase en desacreditar tales informes quitando impotancia ó asunto, afirmando que se encontraron á maioría das desaparecidas con vida. Sen embargo, as organizacións internacionais de dereitos humanos desconfían dos datos aportados polo goberno mexicano (manexando cifras moi distintas) . Todo isto parece responder a unha estrategia do goberno para deixar de chamala atención sobre o problema, xa que se trata do que pode chegar a ser considerado un dos feitos más graves cometidos contra as mulleres na historia contemporánea de américa latina (ou como afirmou no 2003 o xuiz baltasar garzón, ¿crimen contra a humanidade¿). Pouco a pouco van saíndo libros de investigacións realizados por periodistas ou documentales que tratan o asunto e sacan á luz diversas hipótesis descartadas sen motivo pola policía. Esa invisibilidad á que estaba sometido o tema parece que agora empeza a disiparse. O problema é que a maioría desas investigacións foron realizadas dende unha perspectiva periodística que pretende esclarecer os feitos sen ter en conta o contexto no que os mesmos se producen. Por todo isto faise necesario abordar o asunto dende unha perspectiva histórica que máis aló de sinalar posibles hipótesis ou culpables, sente as bases contextuais necesarias para comprender un fenómeno que parece salpicar ás máis altas esferas da sociedade mexicana. A pertinencia desta investigación reside en que nos encontramos no momento perfecto para sensibilizar de maneira definitiva á sociedade internacional acerca da situación á que se enfrontan as mulleres en ciudad juárez. Por isto, faise necesario a elaboración desta tese de doutoramento, xa que a utilización dunha perspectiva histórica para a comprensión do que ocurre é o único modo de poder achegarse ó tema sen distorsionalo. O feito de que haxa varias teses de doutoramento en proceso de elaboración abordando a problemática dos asesinatos de mulleres en ciudad juárez dende distintas perspectivas (ningunha delas dende a historiografía), fai esencial o intento de reconstrucción dos feitos atendendo ó desenrolo temporal dos mesmos, que abarque todos os ámbitos relacionados, debuxando así o contexto dos sucesos á perfección. Polo tanto, debido ó interese suscitado a escala internacional por parte do ámbito universitario, é o momento axeitado para levar a cabo unha investigación como esta, mediante unha revisión histórica dos feitos.

 

Datos académicos de la tesis doctoral «Hijas del silencio. el contexto de los asesinatos y desapariciones de mujeres en ciudad juárez«

  • Título de la tesis:  Hijas del silencio. el contexto de los asesinatos y desapariciones de mujeres en ciudad juárez
  • Autor:  Santiago Gallur Santorun
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  12/12/2011

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • María Luisa Pazos Pazos
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: pedro Pérez herrero
    • berta García orosa (vocal)
    • agueda Gómez suárez (vocal)
    • salvador Bernabeu albert (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio