Tesis doctoral de Paula Bouzas Rosende
Edición e estudo dos documentos inéditos do mosteiro de santo estevo de ribas de sil (século xv) con esta edición e estudo dunha serie de documentos do século xv preténdese fundamentalmente contribuír aos estudos de gramática histórica. O modelo de edición máis axeitado para este fin é o interpretativo, que consiste na presentación dunha proposta concreta de lectura e que esixe, polo tanto, o desenvolvemento das abreviaturas, a emenda dos posibles erros gráficos dos notarios ou escribáns e a indicación dos trazos suprasegmentais do texto (como acentuación e pausas). No capítulo adicado aos criterios de edición especifícanse e xustifícanse as pautas de transcrición adoptadas, así como as distintas convencións gráficas que indican as mudanzas efectuadas nos propios textos. a colección está composta por 116 manuscritos redactados no mosteiro de santo estevo de ribas de sil durante o século xv. Na meirande parte dos casos trátase de cartas de foro, a través das que se outorga un terreo a cambio de determinadas condicións e o pagamento dunha renda, pero na colección se atopan tamén un testamento e unha carta de nomeamento. Con respecto ao tipo de escrita, empréganse diferentes variedades da gótica cursiva que se diferencian entre si polo grao de cursividade e a frecuencia dos ligamentos entre as letras. As formas esenciais dos caracteres e mailos correspondentes valores permanecen estables durante toda a colección. no capítulo adicado ao estudo lingí¼ístico dos documentos editados, inclúese unha descrición fonética e fonolóxica, por unha banda, e morfosintáctica, pola outra. Non se pretende facer un estudo exhaustivo dos fenómenos presentes na documentación, senón atender fundamentalmente a aqueles que resultan máis representativos ou que están sometidos a variación e resultan, polo tanto, relevantes á hora de establecer a natureza e cronoloxía do cambio lingí¼ístico. No estudo fonético e fonolóxico descríbese o sistema e maila súa evolución a partir da análise das grafías. A parte adicada á morfosintaxe estrutúrase en función da clase de palabra e céntrase, non só nos aspectos relacionados cos elementos constitutivos destas unidades, senón tamén no relativo ao seu comportamento e integración en unidades gramaticais superiores. por último, no capítulo adicado ás conclusións farase unha síntese da análise realizada nestes distintos niveis co obxectivo de amosar ata que punto a edición e estudo de pequenas coleccións documentais inéditas, limitadas no tempo e no espazo, pode contribuír a reforzar as investigacións xa elaboradas achegando novos datos sobre o desenvolvemento do sistema linguístico.
Datos académicos de la tesis doctoral «Edición e estudo dos documentos inéditos do mosteiro de santo estevo de ribas de sil (século xv)«
- Título de la tesis: Edición e estudo dos documentos inéditos do mosteiro de santo estevo de ribas de sil (século xv)
- Autor: Paula Bouzas Rosende
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 27/09/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Ramón Lorenzo Vázquez
- Tribunal
- Presidente del tribunal: jens Ulrich lí¼dtke
- María Ana Ramos (vocal)
- Ana isabel Boullón agrelo (vocal)
- gemma Avenoza vera (vocal)