Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na linguística lusa do século xix. xénese e impacto en galicia da hipótese celtista

Tesis doctoral de Beatriz García Turnes

Esta tese analiza a reflexión lingí¼ística que se produciu nos ámbitos eruditos e especializados do portugal do século xix co fin de descubrir as ideas sobre as linguas en xeral e sobre o galego e mais o portugués en particular que influíron na intelectosfera que rodeou os galeguistas da restauración. Para iso, divídese en dous capítulos: no primeiro estúdase a chegada do celtismo lingí¼ístico francés a portugal a principios de século, a polémica que enfrontou os celtistas cos defensores da orixe latina do portugués e o traspaso dese celtismo lingí¼ístico a galicia da man de autores como manuel murguía, augusto gonzález besada ou manuel curros enríquez. O segundo capítulo ocúpase das referencias directas ao galego que se encontran nos autores portugueses do século xix, tanto antes como despois da introdución do novo paradigma histórico-comparatista que supón a constitución da lingí¼ística en ciencia independente. Antes da chegada deste paradigma, os autores que mencionan o galego son os redescubridores da lírica galego-portuguesa medieval e mais alexandre herculano. Tras o cambio que chega da man de adolfo coelho, ocúpanse do galego tanto intelectuais (oliveira martins, teófilo braga) como lingí¼istas propiamente ditos (o mesmo adolfo coelho, josé leite de vasconcellos ou carolina michaí«lis).

 

Datos académicos de la tesis doctoral «Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na linguística lusa do século xix. xénese e impacto en galicia da hipótese celtista«

  • Título de la tesis:  Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na linguística lusa do século xix. xénese e impacto en galicia da hipótese celtista
  • Autor:  Beatriz García Turnes
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  21/07/2008

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • Xosé Henrique Monteagudo Romero
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: ivo Castro
    • clarinda De azevedo maia (vocal)
    • m rosario Alvarez blanco (vocal)
    • Manuel Ferreiro fernandez (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio