Tesis doctoral de Beatriz García Turnes
Esta tese analiza a reflexión lingí¼ística que se produciu nos ámbitos eruditos e especializados do portugal do século xix co fin de descubrir as ideas sobre as linguas en xeral e sobre o galego e mais o portugués en particular que influíron na intelectosfera que rodeou os galeguistas da restauración. Para iso, divídese en dous capítulos: no primeiro estúdase a chegada do celtismo lingí¼ístico francés a portugal a principios de século, a polémica que enfrontou os celtistas cos defensores da orixe latina do portugués e o traspaso dese celtismo lingí¼ístico a galicia da man de autores como manuel murguía, augusto gonzález besada ou manuel curros enríquez. O segundo capítulo ocúpase das referencias directas ao galego que se encontran nos autores portugueses do século xix, tanto antes como despois da introdución do novo paradigma histórico-comparatista que supón a constitución da lingí¼ística en ciencia independente. Antes da chegada deste paradigma, os autores que mencionan o galego son os redescubridores da lírica galego-portuguesa medieval e mais alexandre herculano. Tras o cambio que chega da man de adolfo coelho, ocúpanse do galego tanto intelectuais (oliveira martins, teófilo braga) como lingí¼istas propiamente ditos (o mesmo adolfo coelho, josé leite de vasconcellos ou carolina michaí«lis).
Datos académicos de la tesis doctoral «Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na linguística lusa do século xix. xénese e impacto en galicia da hipótese celtista«
- Título de la tesis: Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na linguística lusa do século xix. xénese e impacto en galicia da hipótese celtista
- Autor: Beatriz García Turnes
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 21/07/2008
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Xosé Henrique Monteagudo Romero
- Tribunal
- Presidente del tribunal: ivo Castro
- clarinda De azevedo maia (vocal)
- m rosario Alvarez blanco (vocal)
- Manuel Ferreiro fernandez (vocal)