Contribución ó estudio do proceso de codificación ortográfica e gramatical do galego; orientacións, conflicto e fases do debate normativo

Tesis doctoral de Pablo Sánchez Vidal

Esta tese de doutoramento titulada contribución ó estudio do proceso de codificación ortográfica e gramatical do galego: orientacións, conflicto e fases do debate normativo explora o proceso de codificación ortográfica e gramatical da lingua galega desde, aproximadamente, 1980 até o ano 2000. dentro deste traballo podemos distinguir dous grandes bloques temáticos. No primeiro deles que poderiamos caracterizar como introdución teórica levamos a efecto unha revisión crítica dos conceptos tradicionais de lingua e dialecto desde a perspectiva da moderna sociolingí¼ística. Posteriormente, e dentro dese segundo grande bloque temático da nosa tese de doutoramento, desenvolvemos unha análise das diferentes orientacións en conflito no noso debate normativo así como das diversas propostas normativas que emanan desde cada unha das diferentes correntes codificatorias en controversia. por súa vez, dentro da nosa introdución teórica, tras analizar a progresión conceptual das nocións de lingua e dialecto desde a lingí¼ística grecolatina até a lingí¼ística estruturalista, realizamos unha revisión crítica dos criterios tradicionalmente empregados na asignación das variedades lingí¼ística (re-)emerxentes ás categorías tradicionais de lingua e dialecto. na nosa tese de doutoramento, ás dúas orientacións que tradicionalmente se distinguiron no estudo do debate codificatorio galego (orientación autonomista e orientación reintegracionista) engadimos unha terceira corrente codificatoria que, en atención aos seus propios defensores, etiquetamos como orientación lusofonófila ou lusofonía. a orientación autonomista que ten na tese ou teoría da individualización sociolingí¼ística o seu construto teórico individualizador defende, en esencia, que o galego e o portugués son actualmente linguas mutuamente independentes e, por conseguinte, o idioma galego debería contar cunha variedade estándar autónoma e propia na práctica, a orientación autonomista acepta o emprego da tradición gráfica contemporánea galega e rexeita o uso da ortografía do portugués padrón. a orientación reintegracionista que ten na tese o teoría da reintegración o seu construto teórico individualizador opina que o galego e o portugués non son, nin foron no pasado, linguas mutuamente independentes e que, por conseguinte, a variedade estándar do galego debería achegarse tanto ao portugués padrón moderno como fose factible en atención ao conxunto dos nosos textos escritos formais medievais. Na práctica, a orientación reintegracionista aceptaría a totalidade da ortografía do portugués padrón para a variedade estándar do galego agás o uso do til de nasalidade nos chamados ditongos nasais non etimolóxicos (p.E. Pí£o, irmí£o). por último, a orientación lusofonófila que ten na tese unificacionista o seu construto teórico individualizador opina que o galego e o portugués son unha mesma e única lingua e, por conseguinte, o galego debe aceptar a unidade gráfica plena co portugués estándar moderno. na parte final do noso traballo deixamos constancia de que, para nós, o debate estritamente ortográfico sería a superficie dunha controversia moito máis profunda onde se estaría a dirimir a cuestión da conformación da identidade nacional de galicia. En resumo, mentres que a orientación autonomista pensa en galicia como unha nación cultural autónoma con respecto á casteláns e portugueses e mentres que a orientación reintegracionista non desbota a posibilidade de que galicia e portugal sexan unha mesma nación cultural, a orientación lusofonófila non dubida en afirmar que galicia e portugal son unha e única nación cultural (ou, cando menos, nacións case idénticas).

 

Datos académicos de la tesis doctoral «Contribución ó estudio do proceso de codificación ortográfica e gramatical do galego; orientacións, conflicto e fases do debate normativo«

  • Título de la tesis:  Contribución ó estudio do proceso de codificación ortográfica e gramatical do galego; orientacións, conflicto e fases do debate normativo
  • Autor:  Pablo Sánchez Vidal
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  16/02/2009

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • Xosé Henrique Monteagudo Romero
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: anton Santamarina fernandez
    • – rita Marquilhas (vocal)
    • – carsten Sinner (vocal)
    • anxo Lorenzo seoane (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio