A igualdade sexual na diversidade cultural

Tesis doctoral de Yolanda Martínez Suárez

A tese de doutoramento aborda o debate entre feminismo, espazo discursivo do que parte, e multiculturalismo. Con este obxecto, parte da análise e reflexión teórica sobre a relación entre cultura e xénero. A construción patriarcal da muller como obxecto natural, tradicional e recluída na esfera privada xera dificultades de mobilidade cultural para as mulleres. Na sociedade de globalización actual esta cuestión ten unha aplicación práctica nas correntes inmigratorias transnacionais femininas. A mobilidade xeográfica non sempre está ligada á mobilidade cultural, sobre todo cando os suxeitos que emprenden un proxecto migratorio son mulleres. partindo destas premisas teóricas, examinamos o acceso das mulleres inmigradas á esfera pública, no contexto español, a través dos medios de comunicación. En concreto, analizamos a representación mediática das inmigradas na prensa rexional galega (la voz de galicia e faro de vigo) e catalá (el periódico de catalunya e la vanguardia) de referencia entre 2004 e 2006. A metodoloxía escollida para esta tarefa é mixta. combinouse a análise crítica do discurso coa teoría do marco (framing theory) e a análise semiótica das imaxes. A análise da mostra de diarios complétase cos resultados da realización de 224 enquisas a inmigradas residentes en cataluña e galicia para comprobar a súa percepción da propia representación mediática. nesta investigación guíanos a hipótese da construción social ¿mediática- das inmigradas como vítimas sen axencia, estratexia que implica o reforzo da heterodesignación patriarcal das mulleres nun contexto de posible mobilidade cultural. as conclusións da tese veñen a confirmar esta afirmación.

 

Datos académicos de la tesis doctoral «A igualdade sexual na diversidade cultural«

  • Título de la tesis:  A igualdade sexual na diversidade cultural
  • Autor:  Yolanda Martínez Suárez
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  31/05/2010

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • María Jose Agra Romero
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: lourdes Mendez perez
    • rita Radl philipp (vocal)
    • rosa Cobo bedia (vocal)
    • nieves Campillo iborra (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio