Tesis doctoral de Anxo Lugilde Pardo
O obxecto da investigación é o xurdimento do debate sobre os dereitos políticos dos emigrantes galegos e españois no primeiro terzo do século xx, a autorización do voto desde o estranxeiro polo goberno de adolfo suárez desde 1976 e a posterior evolución das dinámicas socio-políticas que xurdiron ao seu redor, tanto no estado de orixe como nos de acollida. A investigación responde a relevancia acadada polos emigrantes na vida política galega, resumida no 6% dos votos totais que achegaron estes nas eleccións autonómicas de 2005, proporción cinco veces maior á media española e da que só se coñece un caso comparable no mundo, o de cabo verde. Ao tratarse dunha cuestión de competencia do goberno central, que historicamente se discutiu no ámbito español, é preciso analizar a súa evolución no conxunto de españa. A tese é a continuación do meu traballo de investigación tutelado (tit) í¢Â¿Â¿orixes do voto emigrante: 1900-1936í¢Â¿Â¿, centrado no xurdimento da reivindicación dos dereitos políticos para os expatriados españois de américa. Para desenvolver a investigación cómpre afondar en aspectos como o da relación entre as demandas das colectividades españolas e italianas, simultáneas no tempo; as resistencias existentes no sistema político da restauración fronte a unha reivindicación que, grazas ao apoio do hispanoamericanismo, tivo un significativo espallamento no abano ideolóxico español; os cálculos políticos que fixo a ditadura de primo de rivera para estender o chamado plebiscito nacional de setembro 1926 aos consulados e embaixadas no estranxeiro, no que constitúe o primeiro precedente de participación política dos emigrantes españois; as posicións das elites republicanas do interior de españa e da emigración que no momento de elaborar a constitución de 1931 viran respecto ás súas posicións nas décadas anteriores sobre os dereitos políticos dos expatriados e as reviravoltas desta cuestión ao longo da elaboración do estatuto de autonomía de galicia de 1936. No referente ao franquismo os principais obxectivos da investigación consisten en estudar o discurso político do réxime ante a emigración e os emigrantes e comprobar se houbo algún intento de abrir canles para a participación dos expatriados no sistema corporativo como os houbera na ditadura de primo de rivera. Na transición trátase de verificar a hipótese de que, baixo o influxo dos exemplos francés e portugués e coa idea de acometer unha reparación aos exiliados, o goberno de suárez actuou a partir de cálculos electorais para asegurarse o apoio no exterior no referendo do 76 e limitar o voto nas lexislativas de 1977 porque ía ser favorable a esquerda. A hipótese é que este móbil da manipulación electoral dos emigrantes, como reserva de votos, é o eixe central das decisións tomadas polos posteriores gobernos españois neste eido, que supuxo a multiplicación do censo dúas décadas despois da desaparición do éxodo español ao exterior e cando españa xa se convertera nun país receptor de inmigración. A investigación completarase coa análise das dinámicas socio-políticas ao redor do voto emigrante a escala local e autonómica, baixo ese mesmo hipotético principio do uso instrumental por parte dos poderes públicos de cada intre.
Datos académicos de la tesis doctoral «A participación política dos emigrantes galegos (1905-2010)«
- Título de la tesis: A participación política dos emigrantes galegos (1905-2010)
- Autor: Anxo Lugilde Pardo
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 22/12/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Xose Manoel Nuñez Seixas
- Tribunal
- Presidente del tribunal: ramon Villares paz
- marcela García sebastiani (vocal)
- Ana isabel Fernández asperilla (vocal)
- angel Duarte montserrat (vocal)