Tesis doctoral de Pedro Dono Lopez
O obxectivo principal da presente tese de doutoramento é a edición dos diplomas en pergamiño do mosteiro ourensán de santa comba de naves, conservados no arquivo da catedral de ourense, no archivo histórico nacional de Madrid e no arquivo histórico provincial de ourense. A edición da colección diplomática vai precedida dun estudo introdutorio no que, en primeiro lugar, se achegan algunhas noticias sobre o cenobio (emprazamento e patrimonio territorial, orixes) e se presentan os estudos máis relevantes que del se ocuparon. A continuación, realízase unha aproximación á documentación, nomeadamente a pergamiñácea, que actualmente conservamos do priorado celanovés, con referencia aos depósitos en que se custodia e catálogos a ela respectantes, ás súas vicisitudes históricas e aos documentos que xa foron obxecto de publicación. Nun terceiro apartado préstase atención a dimensións documentais tales como os rogatarios dos diplomas, a tipoloxía documental e as linguas empregadas na súa redacción. O capítulo introdutorio péchase cunha exposición das normas seguidas para a edición e presentación dos documentos. despois da edición da colección documental, figuran tres anexos vinculados principalmente ao apartado segundo do estudo introdutorio. O traballo complétase com catro índices: de pergamiños, de documentos, antroponímico e toponímico.
Datos académicos de la tesis doctoral «Colección de documentos en pergamiño do mosteiro de santa comba de naves.introdución, edición e índices«
- Título de la tesis: Colección de documentos en pergamiño do mosteiro de santa comba de naves.introdución, edición e índices
- Autor: Pedro Dono Lopez
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 29/07/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Ramón Lorenzo Vázquez
- Tribunal
- Presidente del tribunal: pedro Sánchez-prieto borja
- Ana María Martíns (vocal)
- beatriz Vaquero diaz (vocal)
- (vocal)