Tesis doctoral de Xabier Prado Orbán
Resumo da tese de d. Xabier prado orbán deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de minkowski marco teórico e formulación dos problemas e hipóteses de investigación: realizouse a revisión bibliográfica nos contextos anglosaxón e latinoamericano: antecedentes do traballo, propostas de ensino da teoría da relatividade especial, e dificultades de aprendizaxe da mesma. A partires de dita revisión, elaborouse o marco teórico da tese do que se inferiron os problemas de investigación e se formularon as correspondentes hipóteses de traballo. asimesmo, tomando como referencia o dcb da comunidade autónoma de galicia, deseñouse a proposta didáctica sobre o ensino da teoría da relatividade especial en primeiro de bacharelato, que constitúe a variable independente da investigación de tese de doutoramento. A partir dela elaboráronse os materiais de traballo do alumnado. instrumentos de recollida e análise da información: elaboráronse as correspondentes baterías de probas para proceder á caracterización inicial da mostra e a avaliación do progreso na súa aprendizaxe, despois da intervención na aula coa proposta didáctica xa mencionada. Ditos instrumentos validáronse mediante unha proba piloto, desenvolvida durante o primeiro trimestre, en cuarto curso da educación secundaria obrigatoria. Ditas probas están constituídas por secuencias de actividades coas que se pretende que os alumnos activen esquemas de pensamento (razoamento e acción) asociados coa competencia científica e aqueloutras competencias que, con carácter transversal, se traballen durante a instrucción: competencia matemática, comunicativa, aprender a aprender, e as relacionadas coas actitudes e valores cara a ciencia e a súa aprendizaxe. implementación da proposta didáctica na aula de física e química de primeiro de bacharelato: desenvolveuse durante o segundo trimestre do curso 2007-2008, nun curso de primeiro de bacharelato do instituto de educación secundaria ¿pedra da auga¿ de ponteareas (pontevedra). dita intervención foi grabada en video e audio (12 h), e recolléronse 250 fichas cubertas polo alumnado que conteñen un total de 1200 items. Destes materiais resultaron máis de 2000 datos significativos para a análise detallada do proceso de ensino-aprendizaxe. análise de resultados: o alumnado realizou as probas de caracterización inicial, caracterización final e de retención -esta última realizada cos mesmos alumnos despois de varios meses- para comprobar unha importante compoñente da aprendizaxe significativa: a retención dos coñecementos na memoria a medio prazo. realizouse a fase de análise de datos na que se elaboraron os esquemas de pensamento (razoamento e acción) que activaron os alumnos durante a caracterización inicial da mostra, a implementación da proposta, a caracterización final, e a retención. ditos esquemas clasificáronse utilizando os niveis ¿g¿ que permitiron realizar un contraste estatístico entre os esquemas de pensamento activados polo alumnado durante cada unha das fases mencionadas. Isto prermitíu comprobar a significatividade estatística dos resultados. conclusións e implicacións didácticas: a investigación realizada permitíu comprobar a idoneidade da proposta de ensinanza sobre relatividade especial en primeiro de bacharelato e avanzar suxerencias de mellora da mesma. Ademais puxéronse de manifesto resultados que permitiron concluir a posibilidade de adiantar a ensinanza dos aspectos cualitativos da citada teoría, a cuarto curso da educación secundaria obrigatoria. asimesmo púxose de manifesto a idoneidade dos instrumentos de recollida de información para elaborar os esquemas de pensamento activados polo alumnado. ditos esquemas de pensamento manifestáronse como instrumentos útiles de análise para medir o progreso na aprendizaxe do alumnado, así como para determinar a significatividade estatística dos resultados.
Datos académicos de la tesis doctoral «Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacherelato, baseada na formulación xeométrica de minkowski«
- Título de la tesis: Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacherelato, baseada na formulación xeométrica de minkowski
- Autor: Xabier Prado Orbán
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 04/10/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- José Manuel Domínguez Castiñeiras
- Tribunal
- Presidente del tribunal: Antonio De pro bueno
- susana García barros (vocal)
- Francisco Javier Perales palacios (vocal)
- joaquín María Díaz de bustamante (vocal)