Tesis doctoral de Miguel ángel Nogueira Pérez
A presente investigación sitúase no estudo do impacto da sociedade da información e do coñecemento (sic) e das tecnoloxías da información e da comunicación (tic) no ámbito da orientación educativa. Neste contexto indagouse sobre as diferentes opinións do colectivo de orientadores educativos de centros educativos públicos e privados de educación infantil e primaria e educación secundaria da provincia de a coruña. os obxectivos da nosa investigación foron os seguintes: 1º. Describir as principais características da sic. 2º. Analizar a situación xeral e do sistema educativo na nova sociedade a partires dos sistemas de indicadores existentes. 3º. Estudar a evolución do sistema educativo e o seu desenvolvemento na sociedade actual. 4º. Definir e describir as principais tic presentes na sociedade e as súas implicacións no sistema educativo. 5º. Estudar e sintetizar os fundamentos teóricos da orientación educativa. 6º. Analizar as principais implicacións da inclusión das tic nos procesos de orientación educativa: estado da cuestión a nivel teórico e práctico. 7º. Realizar unha investigación empírica sobre a utilización e a formación en tic dos orientadores educativos dos centros escolares da provincia de a coruña. estruturamos a presente tese de doutoramento en tres grandes bloques: o primeiro bloque, composto por tres capítulos, recolle unha ampla caracterización do contexto socioeducativo no que se desenvolven as persoas en xeral e os profesionais da educación en especial nos inicios do século xxi. o segundo bloque, composto tamén por tres capítulos, constitúe a base conceptual da nosa investigación. Nel presentamos os fundamentos teóricos referidos ás tic nos procesos de orientación educativa, tratando de describir e argumentar a combinación de ambos ámbitos. o último bloque, conformado por un capítulo, recolle a descrición do deseño do estudo empírico realizado, relativo a análise da utilización e formación en tic dos orientadores educativos, onde se presenta o problema, os obxectivos da investigación empírica, a metodoloxía, os resultados e a súa análise e discusión. como principais conclusións, podemos afirmar que os orientadores escolares enquisados posúen un grao medio na familiaridade e preparación para o uso técnico e básico das tic, pero baixo na familiaridade e preparación para o manexo de opcións consideradas máis avanzadas e complexas no uso das tic, así como no manexo de contornos de rede e aprendizaxe, tan en voga nos últimos tempos. En canto ao uso específico das tic para a orientación, apenas se ten en conta a utilización destas ferramentas na súa labor profesional, cunha escasa consideración para a realización de orientación a distancia, e con pouca aplicación destas ferramentas para o deseño de recursos web para a orientación. tanto os orientadores en activo como os expertos entrevistados coinciden en destacar que situacións como a descrita poden ser debidas ao descoñecemento que teñen os orientadores das posibilidades que as tic poden ofrecer á orientación, derivada da súa falta de formación (inicial e continuada), e o desaxuste desta ás necesidades reais do contexto no que os profesionais da orientación desenvolven o seu traballo, causado pola falta de planificación dende as administracións educativas. por ende, recálcase dende este estudo a imprescindible priorización de medidas dende ditas administracións para favorecer que os orientadores adquiran capacidades para o uso específico das tic na orientación, adaptándose ás necesidades do seu propio contorno e desenvolvendo de hábitos para o aproveitamento das posibilidades de internet, a avaliación e uso crítico dos recursos ofrecidos pola web, así como o traballo de colaboración en rede dos diferentes profesionais da orientación, coa finalidade de mellorar a calidade dos seus servizos á comunidade educativa nos novos tempos.
Datos académicos de la tesis doctoral «Diagnose da utilización e formación nas tecnoloxías da información e da comunicación dos orientadores educativos«
- Título de la tesis: Diagnose da utilización e formación nas tecnoloxías da información e da comunicación dos orientadores educativos
- Autor: Miguel ángel Nogueira Pérez
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 27/02/2009
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Luis Martin Sobrado Fernández
- Tribunal
- Presidente del tribunal: Mª Luisa Rodríguez moreno
- Elena Fernández rey (vocal)
- alfredo Pérez boullosa (vocal)
- María Luisa Rodicio García (vocal)