Estudios de valoración energética de combustibles forestales para la prevención de incendios forestales en la sierra de la primavera (jalisco, méxico) mediante calorimetría de combustión y ensayos de inflamabilidad

Tesis doctoral de Antonio Rodríguez Rivas

Nos derradeiros anos, os incendios forestais están a causar problemas medioambientais, sociais, políticos e económicos en todos os países do mundo e a unha escala descoñecida ata o momento. Este problema global, e que estase a ligar con cambios climáticos, quecemento do planeta, desertizacións e problemas de plagas e movementos poblacionais de enorme magnitude, está a facer que a diferentes niveis estéanse a xerar moitas iniciativas no i+d+i encamiñadas a prever e combater os incendios de xeito eficaz. dentro destas iniciativas o deseño dos índices de risco, ou índices numéricos integrados que determinan a probabilidade que unha formación forestal poida ser o punto de inicio e propagación dun incendio en función de diferentes parámetros físico-químicos e ambientais, é unha liña de investigación que estase a desenvolver e con moito camiño por percorrer. nesta tese utilízase un novo concepto no deseño de índices de risco, e que lonxe de seguir cos deseños experimentais mais estendidos, se basea en combinar índices de risco cun perfil teórico a partires de datos metereolóxicos, con datos reais de carga enerxética, inflamabilidade, e composición química das diferentes especies forestais, e con datos de ambiente físico e ambiental coa idea de ter unha idea mais global, real e aplicable dun xeito eficaz. polo tanto, esta tese de doutoramento ten como obxectivo principal mellorar o índice de risco para prevención de incendios forestais deseñado polo grupo de investigación terbipromat (usc) nos derradeiros 15 anos para as formacións forestais de galicia, e aplicalo para prever os incendios forestais nunha área natural protexida e de interese social clave en guadalajara (jalisco, méxico), e de selo caso, extinguilos de xeito rápido e eficaz para evitar danos importantes. Esto motivou que parte de a tese sexa un estudio comparativo de diferentes traballos de investigación e que o longo da tese fáganse referencias continuas a investigación levada polo grupo de investigación terbipromat. para elo se recorre a un estudio completo das diferentes especies forestais da zoa de estudio e unha descrición profunda da mesma. Esta determinacións se basean en medidas de: – valoración enerxética coa idea de ter unha idea da carga enerxética real da zoa, e punto clave para determinar a magnitude que podería acadar o incendio. – inflamabilidade como dato referente para coñecer a facilidade de propagación do incendio e valorar o tempo de reacción en caso de producirse. – parámetros químicos de interese tales como densidade, humidade, cinzas en bomba, composición elemental, e composición química (aceites esenciais e resinas), e que afectan os parámetros físicos. – parámetros ambientais e de ambiente físico que van definir a zoa de traballo tantop para prever como para combater o incendio. – parámetros biolóxicos que afectan o comportamento das especies forestais e condicionan a súa resposta ante un incendio. – parámetros de orixe antrópica xa que o 95 % dos incendios teñen a súa orixe en accidentes ou accións dependentes da mala xestión do home nestes ecosistemas. todos estes datos analizados de xeito integrado dan orixe ós índices de risco e que serán a base de deseño dos mapas de índice de risco da zoa, ou representacións gráficas dos mesmos. polo tanto e para unha boa aplicación destes índices de risco faise necesario plasmalos nunha cartografía axeitada, actualizada, real e de utilización sinxela. Para elo faise necesario o procesamento das imaxes do terreo de estudio mediante os satélites quick bird 2002 y aster 2007. a conclusión final do traballo é a capacidade real que ten o índice de risco deseñado ó longo destes anos e utilizado para prever e combater eficazmente incendios forestais. Este índice de risco é aplicable en calquera zoa do mundo sempre e cando se siga o procedemento experimental deseñado e proposto nesta tese. A representación posterior destes indicadores numéricos en mapas de índice de risco ten a finalidade de facilitar a súa comprensión e axudar a súa aplicación no terreo.

 

Datos académicos de la tesis doctoral «Estudios de valoración energética de combustibles forestales para la prevención de incendios forestales en la sierra de la primavera (jalisco, méxico) mediante calorimetría de combustión y ensayos de inflamabilidad«

  • Título de la tesis:  Estudios de valoración energética de combustibles forestales para la prevención de incendios forestales en la sierra de la primavera (jalisco, méxico) mediante calorimetría de combustión y ensayos de inflamabilidad
  • Autor:  Antonio Rodríguez Rivas
  • Universidad:  Santiago de compostela
  • Fecha de lectura de la tesis:  14/12/2009

 

Dirección y tribunal

  • Director de la tesis
    • Jorge Proupin Castiñeiras
  • Tribunal
    • Presidente del tribunal: gabriel Gasco guerrero
    • ramon pedro Artiaga diaz (vocal)
    • libertad Fraga grueiro (vocal)
    • carmen Hernando lara (vocal)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio