Tesis doctoral de Francisco Fidel Maseda Maseda
Lois tobío: vida e obra dun humanista galego e un galeguista universal. o propósito da miña tese e os contidos básicos delas, xirarían en torno a achega a figura de lois tobío, un tobío que para min e un guieiro, un faro, un prototipo de humanista e intelectual galeguista, de home interdisciplinar e de galego universal, plural e aberto. Un galego a cata cabal. Que buscou durante case un século de traballo fiel e impagable o mellor para galicia, os seus homes e as súas mulleres. Xa fora mediante a participación na creación da primeira institución de carácter interdisciplinario, o seminario de estudios galegos, cerne de investigadores e de publicacións que abarcaban tódolos aspectos das ciencias humanas e das artes, poñendo en boga e a altura das demais culturas da península e de fora, a cultura galega. Institución que co tempo chegará a ser a galaxia máis importante do pequeno cosmos intelectual galego. Servindo de catalizador de ideas, arelas e sentimentos a prol do desenrolo cultural galego. Chegando a converterse na empresa intelectual e científica máis notable da galicia do século xx. E sendo un intento de romper barreiras e universalizar a cultura galega. Xa fora loitando a prol da autonomía galega, mediante a redacción do i anteproxecto de autonomía para galicia. O primeiro desas características redactado no estado español. Ou sendo parte esencial na fundación do partido galeguista que incluíu grazas a tobío entre as bases estatutarias o axioma: galicia célula de universalidade, antiimperialismo, federalismo internacional e pacifismo. Demostrando tobío desta maneira que o universalismo non se atopa en contradición co desenrolo das culturas nacionais, senón todo o contrario. Posto que para lois tobío a humanidade é un organismo completo onde cada unha das nacións é célula de universalidade. Sendo posible integrar o camiño cara a universalidade, cara o amor e a comprensión de tódolos pobos, co camiño cara o desenvolvemento das características nacionais, de cada un dos pobos que integramos a humanidade. Xa fora manténdose leal a legalidade republicana tanto dentro do territorio español como lonxe del. Xa fora nos anos do exilio sendo parte esencial da celebración do i congreso da emigración galega, na edición da i historia de galicia, na creación dun estatuario xurídico para o consello de galicia, un organismo que actuou coma fideicomisario da vontade autónoma do pobo galego. E que propiciou que este se equiparase cos gobernos autónomos de catalunya e euskadi. Ou levando a cabo tarefas de análise xornalística sobre a realidade mundial, española e galega da época, ou sobre temas históricos, literarios e artísticos. Sen esquecer a súa faceta de tradutor co cal procurou sempre verter no vilipendiado idioma galego, as obras de tantos e tantos escritores de sona mundial, como goethe, rilke, baudelaire, mann e outros. Facetas todas estas mencionadas que nos dan boa mostra da universal curiosidade e formación interdisciplinar da figura tobiana. Coñecedor do mundo rural galego labrego e mariñeiro, da axitada realidade urbana galega da época.
Datos académicos de la tesis doctoral «Lois tobío: vida e obra dun humanista galego e un galeguista universal«
- Título de la tesis: Lois tobío: vida e obra dun humanista galego e un galeguista universal
- Autor: Francisco Fidel Maseda Maseda
- Universidad: Santiago de compostela
- Fecha de lectura de la tesis: 23/07/2010
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Jesús Manuel Blanco Echauri
- Tribunal
- Presidente del tribunal: ramon Villares paz
- julio Prada rodríguez (vocal)
- Jesús De Juan a lópez (vocal)
- Fernando Jesús Bouza alvarez (vocal)