Tesis doctoral de Mª Del Carmen Santos González
Esta tese doutoral enmárcase dentro da temática do espacio europeo de educación superior. os acordos e medidas emprendidas ao respeto polos distintos países, implican unha serie de cambios e transformación na educación superior que abarca todos os aspectos relacionados, tanto coas institucións educativas como ás do propio proceso de ensinanza-aprendizaxe. o noso interese céntrase nas implicacións da implantación do e.C.T.S e as súas repercusións no alumnado durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe das distintas materias. a investigación que desenvolvemos, contextualízase na experiencia piloto, neste caso na universidade da coruña, desenvolta a través do programa denominado grupos departamentais de calidade, así como nos títulos de grao implantados no curso 2008/2009. a través da opinión do alumnado, cunha mostra representada por 2.554 alumnos/as, analizamos os distintos aspectos implicados no proceso de ensinanza/aprendizaxe nas materias que se etán adaptando ao novo sistema de créditos: a dedicación a realizar o seu traballo autónomo e as distintas actividades relacionadas directamente coas metodoloxías propias deste novo sistema de créditos; os recursos, tanto tradicionais como as tics; a titoría e o desenvolvemento das competencias. realizamos ademais una valoración global da experiencia dende a percepción que ten o alumnado da mesma. comparamos ademais, a información do alumnado que cursa materias integradas no programa coa información que proporciona o alumnado que cursa os graos, nos cales a implantación do novo e.C.T.S xa é real. os resultados indican que o programa tivo repercusións no alumnado, sendo os aspectos mais valorados os relacionados coas tics e o desenvolvemento das actividades propias das metodoloxías do novo ects. Os menos valorados son os relacionados coa titoría e o sistemas de avaliación das aprendizaxes.
Datos académicos de la tesis doctoral «O programa dos grupos departamentais de calidade na u.d.c. dende a perspectiva do alumnado: unha experiencia para a converxencia con europa na educación superior.«
- Título de la tesis: O programa dos grupos departamentais de calidade na u.d.c. dende a perspectiva do alumnado: unha experiencia para a converxencia con europa na educación superior.
- Autor: Mª Del Carmen Santos González
- Universidad: A coruña
- Fecha de lectura de la tesis: 03/12/2009
Dirección y tribunal
- Director de la tesis
- Xabier De Salvador Gónzález
- Tribunal
- Presidente del tribunal: manuel Peralbo uzquiano
- Ana María Porto castro (vocal)
- José Diez de castro (vocal)
- María pilar Martinez clares (vocal)